CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Convivencia de Xogaconnosco, os días 16 e 17 de xuño

A actividade estaba inicialmente programada para maio, pero tivo que ser aprazada debido ao mal tempo
Ruta cicloturística da pasada edición da convivencia Xogaconnosco./ Foto: Ángeles Rodríguez
Ruta cicloturística da pasada edición da convivencia Xogaconnosco./ Foto: Ángeles Rodríguez

Os días 16 e 17 de xuño organizarase a Convivencia lúdico-deportiva de Xogaconnosco, coa asistencia duns 120 rapaces (de 5º e 6º de primaria) que irán acompañados por 20 adultos (entre mestres, colaboradores, Protección Civil, Garda Civil, Cruz Vermella). Así nesta edición participarán cinco colexios públicos de Valdeorras: o CEIP Manuel Respino (A Rúa), o CPI. Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, o CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, o CEIP X.M. Folla Respino en Vilamartín de Valdeorras, e o CEIP. Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

A convivencia manterá o seu esquema habitual, cunha ruta de sendeirismo o 16 de xuño que percorrerá o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Esa noite os rapaces pernoctarán no pavillón do colexio Condesa Fenosa do Barco e, ao día seguinte, ás once da mañá comezarán unha ruta ciclo-educativa entre O Barco e A Rúa, seguindo o cauce do río Sil.

A organización desta actividade será organizada, un ano máis, pola A Asociación Deportiva, Educativa e Cultural Xogaconnosco. Dende esta entidade destácase que esta convivencia é posible levala a cabo grazas á colaboración dos Concellos do Barco, Vilamartín, A Rúa e Carballeda, así como de Pizarras Tres Cuñados, Novagalicia, AEVA, O Barco CCA, supermercados Froiz, Hiper Gadis, Eroski e Familia, Protección Civil, Cruz Vermella, Garda civil de Tráfico e os colexios públicos xa citados.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button