ConcellosÚltima hora

Convócanse as axudas de conservación e protección dos exemplares do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

Castiñeiro de Soutogrande en Vilariño de Conso, incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica neste 29 de decembro dúas ordes de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, que contan cun importe total de 90.000 euros: 40.000 euros destinados ás entidades locais e o importe restante, 50.000 euros, ás persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias en ambos casos de elementos incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras na data de publicación das ordes de axudas.

As actividades que poden ser obxecto destas liñas de subvencións son a realización de podas, formación e control da copa, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, accións encamiñadas á conservación e mellora do entorno, accións de divulgación e sinalización e a realización de estudos. Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante, que deberá presentarse ata o 29 de xaneiro de 2021.

O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás características excepcionais que as fagan merecentes dunha protección especial.

Configúrase como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.

Na actualidade, hai un total de 178 elementos (141 árbores e 37 formacións arbóreas) pertencentes a 80 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

 

Artigos relacionados

Back to top button