SanidadeÚltima hora

Convócase o II Concurso de Ideas e Iniciativas de Humanización na área sanitaria ourensá

Os proxectos gañadores serán recoñecidos tamén cun premio de 3.000 euros en efectivo para a asociación ou autores

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de convocar a segunda edición do concurso de ideas e iniciativas de humanización, convocatoria que se fai extensiva aos profesionais e asociacións de pacientes, co compromiso de desenvolver as propostas gañadoras nos hospitais e centros de saúde da provincia.

“Esta novidosa iniciativa de participación e compromiso coa humanización, sen precedentes a nivel estatal, naceu o pasado ano, antes da declaración da pandemia, e ten como obxectivo recoller as achegas das persoas mais próximas aos pacientes, e que coñecen mellor as súas necesidades: profesionais e asociacións de pacientes, para integrar o seu criterio, e percepcións, nos proxectos de humanización a desenvolver pola sanidade pública de Ourense. Integrándose ademais na estratexia do Sergas de Humanización”, tal e como explican dende Sanidade.

A primeira edición tivo un gran éxito de participación, con 57 proxectos inscritos. 37 presentados por profesionais dos distintos servizos e 20 das asociacións de pacientes. De todos eles, 16 resultaban seleccionados como finalistas, e foron difundidos por parte dos seus autores, nunha xornada de difusión, que se repetirá este ano, se a situación epidemiolóxica o permite de xeito presencial. Os proxectos que resultaron premiados o pasado ano foron “NefroHumana” de Alcer Ourense e “Humanización no trato ao paciente ancián. Observatorio de Edadismo”.

Ademais do compromiso de levalos á practica, os dous proxectos gañadores estarán dotados cun premio económico de 3.000 euros, en cada unha das categoría, profesionais e pacientes, financiados pola Fundación Astra Zéneca.

 

Artigos relacionados

Back to top button