OurenseÚltima hora

Correndo por Ourense regresa este domingo coa carreira pola zona da Universidade

A proba comezará ás 11h. do 9 de setembro cos máis pequenos, os pitufos
Cativos na Carreira do Vinteún. /Foto: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

Tras o parón estival o circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, regresa este domingo 9 de setembro cun circuíto pola zona da Universidade e adiantando a súa saída unha hora sobre o horario previsto para que os corredores non teñan que sufrir as altas temperaturas do mediodía.

Por este motivo, nesta ocasión a proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, comezará ás 11h. coa carreira da categoría de pitufos, para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011, que percorrerán unha distancia de cen metros. Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías benxamín sub 10 (nados nos anos 2009 e 2010) e alevín sub 12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías infantil sub 14 (2005/2006) e  cadete sub 18 (2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros. e xa ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría xuvenil sub 18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia de 6.400 metros. O resto de categorías (júnior, promesa, sénior e máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Artigos relacionados

Back to top button