OurenseÚltima hora

Correos presenta un selo dedicado ao edificio do antigo convento de San Francisco

 

Un selo de Correos promocionará desde hoxe o antigo convento de San Francisco, na cidade de Ourense, a través dos envíos postais e das coleccións filatélicas. O Arquivo Histórico Provincial acollía esta mañá a presentación da estampa que Correos lle dedica a este edificio singular, que anteriormente fora convento e cuartel.

No acto participaron o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, o director do Arquivo Histórico Provincial, Pablo Sánchez Ferro, o subdelegado de Defensa, Jesús Antonio Peñas Preckler, e a directora de Relacións Institucionais de Correos, Nuria Lera Hervás.

Con este selo, Correos quere contribuír en poñer en valor a historia e a beleza arquitectónica da edificación, no ano do centenario da declaración como ben de interese cultural.

 

 

O alcalde valorou moi positivamente esta iniciativa, xa que a edición e difusión deste selo daranlle “unha visibilidade moi importante” á cidade. Agradecéullelo aos impulsores desta edición e expresou o seu desexo de que contribúa á promoción desta “xoia que temos en Ourense” e que atraia á cidade moitos visitantes “que aínda non a coñecen”.

O selo pertence á serie Patrimonio Artístico, conta cunha tiraxe de 125.000 exemplares e un valor por unidade de 1,65 euros. Pódese adquirir nas oficinas de Correos, en Correos Market ou a través do servizo filatélico da compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button