ConcellosÚltima hora

Cortada ao tráfico a OU-0701 en Manzaneda por fundimento da calzada

 

Dende as 18:30h. desta tarde de 19 de decembro está pechada ao tráfico no quilómetro 6,750 a estrada OU-0701 (Cabalar (OU636)-Vilariño de Conso) no termo municipal de Manzaneda. Nese punto, situado á saída da vila de Manzaneda, produciuse un fundimento da calzada. Existe un desvío alternativo por un tramo de estrada antigo.

Persoal de mantemento da Deputación sinalizou a zona e prevese un corte de longa duración neste punto.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button