ConcellosManzanedaÚltima hora

Cortes por obras de mellora na estrada OU-44003 Manzaneda-Ponte Bibei

 

Este mércores 7 de abril veñen de iniciarse as obras de mellora de mantemento da estrada municipal OU-44003 Manzaneda-Ponte Bibei, en concreto entre os puntos quilométricos 2+300 e 4+200.

Con motivo da realización destes traballos esta vía permanecerá uns días cortada ao tráfico no tramo dende a central de Iberdrola ata a curva da Galga. O horario de corte vai dende as 9h. ata as 19h., tal e como se informa dende o Concello de Manzaneda. Estableceuse un desvío provisional pola OU-0701 a 6 km.

 

En vermello o tramo de actuación e corte ao tráfico no horario de 9h. a 19 p.m.

 

Esta actuación está incluída no Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) 2020-2021.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button