EconomíaEconomíaÚltima hora

A creación da Mesa da Castaña, abordada nun encontro entre o sector e a Xunta

Responsables da IXP Castaña de Galicia e de Proagrosilga reuníanse coa conselleira do Medio Rural
Un dos momentos do encontro entre representantes do sector galego do castiñeiro e a conselleira do Medio Rural en Santiago.
Un dos momentos do encontro entre representantes do sector galego do castiñeiro e a conselleira do Medio Rural en Santiago.

Galicia é a principal referencia española no sector da castaña. Era unha das cuestións que se poñía de manifesto no encontro que mantiñan representantes da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia e da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga) coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, en San Caetano.

Dada a importancia do cultivo do castiñeiro, o sector galego lembraba a demanda, que se lle ten trasladado desde a Consellería ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama); para que o Centro de Referencia da Castaña teña a súa sede en Galicia.

Outro dos temas tratados era a creación da Mesa da Castaña como foro de debate e participación do sector e a administración para ordenar e fomentar este cultivo, así como para impulsar a súa promoción e comercialización, tal e como se fixo público dende Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button