ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Cribado no CEIP Condesa Fenosa do Barco, que rexistra 17 positivos de Covid

Fotografía do CEIP Condesa de Fenosa, no Barco.

 

A Consellería de Sanidade vén de informar de que se rexistraron 17 positivos de Covid no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Concello do Barco de Valdeorras. Hai 3 aulas pechadas. Decidiuse facer un cribado en todo o centro.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) bis publicado neste 23 de setembro, recóllese tamén que “se eleva ao nivel medio de restrición o concello do Barco de Valdeorras, xa que, a pesar de que a súa taxa axustada é propia do nivel alto, os seus casos están relacionados con gromos de orixe controlada. Un destes gromos está a desenvolverse nun colexio entre nenos e nenas que non teñen indicada a vacinación pola súa idade e con casos posteriores nas súas familias. Ademais, hai outros gromos máis pequenos, tamén con orixe coñecida, un deles a partir de casos importados doutra comunidade autónoma”.

Este cambio de nivel entrará en vigor ás 00:00 horas do día 25 de setembro

Artigos relacionados

Back to top button