A Consellería de Sanidade vén de anunciar que o vindeiro domingo día 13 de decembro está previsto realizar un cribado poboacional no concello valdeorrés da Rúa. Serán convocados todos os veciños de entre 30 e 60 anos para facer unha PCR no pavillón municipal do Aguillón. Comezará ás dez da mañá, con hora de remate prevista ás 18h.
“Citarase a todos os veciños de idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos que non teñan unha PCR realizada nos últimos días. É nese tramo de idades onde se están a concentrar os novos casos”, tal e como indica Sanidade.
En total está previsto convocarar a 1.407 persoas para realizar as probas, segundo adianta Sanidade.Esta será a cuarta vez que se realiza un cribado desta magnitude fóra da contorna hospitalaria, tras o desenvolvido o 7 de decembro en Sarreaus.
Na recollida de mostras e organización do operativo participará un equipo de enfermería composto por 9 profesionais da Área Sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín.