Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Cristina Rodríguez (Peña Trevinca Barco), 1º clasificada na xeral da Andaina Serra de Cereixido da Rúa

 

Como parte da Liga Galega de Sendeirismo 2024, na que só computa a participación, os andarines federados que remataban a I Andaina Serra de Cereixido, na Rúa, na que estén inscritos dentro dos tempos establecidos sumaban os quilómetros realizados na mesma.

 

 

A ninvel proba, houbo unha clasificación xeral e individual masculina e feminina, así como por equipos, con trofeos aos tres primeiros de cada categoría na modalidade de 25km e por equipos (mínimo 4 andarines) tanto masculino como feminino. Uns premios que se entregaban no mediodía do domingo 6 de outubro no pavillón municipal Victorino Núñez, onde tamén tiña lugar un xantar.

 

 

Na clasificación xeral a primeira era Cristina Rodriguez Casares do Club Peña Trevinca Barco que completaba os 25 km nun tempo de 03:53:18. O segundo clasificado era Óscar Gómez Reboredo (CDM Xesteiras; e o terceiro, Lucio Cao Manuel do Club Peña Trevinca o Barco.

O primeiro andarín dos 15 km foi José Antonio Dosantos do Club Atletismo Rúa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button