Cultura

Crítica e humor no escenario

29ª MIT, do 19 ao 27 de xullo en Ribadavia
Foto: Calos G. Hervella
Foto: Calos G. Hervella

O 19 de xullo, o espectáculo Otelo da compañía chilena ViajeInmóvil (que trata o tema do feminicidio) dará o pistoletazo de saída á 29ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) que encherá a vila de arte ata o 27 de xullo.

Mario Gas, Cándido Pazó, Tristán Ulloa, Alfredo Sanzol ou Xavier Deive, son algúns dos nomes dos artistas escénicos contemporáneos que ofrecerán aos espectadores unha gran programación que “desexa avivar o espírito dende o humor e a crítica” explican dende a Mostra.
Ao longo dunha semana, compañías consolidadas como La Zaranda (Premio Nacional de Teatro), ou Talía Teatro, compartirán espazo con outras novas como Il Maquinario, dentro do programa L de apoio aos novos e talentosos emprendedores na empresa escénica.

Unha vez máis a MIT quere ser “un evento dinámico”, con obras arriscadas e de calidade, estreas absolutas e apoio á produción galega como As do peix, espectáculo que se estreará en Ribadavia escrito por Candido Pazó. Outra estrea absoluta será Romance dos figos de ouro de Roberto Vidal Bolaño.
A produción internacional tamén desembarca en Galicia cun considerable número de estreas.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button