CulturaCulturaÚltima hora

“Crónica dun Pobo”, de Gargallada, na XVI Mostra de Teatro Amador do Carballiño

Unha das escenas da obra “Crónica dun Pobo” de Gargallada Teatro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre as pezas que forman parte da XVI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” está a comedia “Crónica dun Pobo” a cargo da compañía valdeorresa Gargallada Teatro. A represetación terá lugar no Auditorio Manuel María do Carballiño ás oito da tarde deste sábado, 14 de outubro.

Esta peza é unha adaptación de dúas obriñas de Miguel Gila (realizada e traducida ao galego por Manuel Caramés) que chegan por vez primeira ás táboas. Na súa estrea, os días 8 e 9 de setembro no Barco, engaloiaba aos asistentes e enchía nas dúas sesións o Teatro Lauro Olmo. Trátase dunha “farsa histórica” que achega unha “visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde a perspectiva das xentes do común, que son realmente as que padecen as súas desastrosas consecuencias. E todo isto pasado pola peneira do humor mordaz”, en palabras da compañía.

 

 

Esta obra está dirixida por de Manuel Caramés e interpretada por Xosé Lois Conde, Juanjo Fernández, Reyes Limia, José Manuel G. Borace, Álvaro Baños, Aurora Fernández, Lalo Santos, Carmen Hernández, Manuel González, Moncho Díaz Macías, Ángel Rodríguez, Emilio González López, Xabier Blanco e coa colaboración de Antela Roo (ao acordeón).

O domingo, 15 de outubro, dentro desta mostra de teatro do Carballiño, haberá un Segundo Obradoiro de Improvisación de oito horas, impartido por Antón Cocucheiro no Auditorio Manuel María.

Artigos relacionados

Back to top button