OurenseÚltima hora

Cruz Vermella de Ourense organiza un curso de verán de primeiros auxilios para mozos

Terá lugar entre o 19 e o 30 de agosto en Cruz Vermella Ourense

Cruz Vermella organiza un curso de verán de primeiros auxilios para mozos en Ourense. Terá lugar do 19 ao 30 de agosto e nel poderán participar xoves de máis de 16 anos. Así, o obxectivo deste curso é o de ser unha alternativa para as mañás (será de luns a venres, de 11:00 a 14:00 horas) dos estudiantes e que estes poidan adquirir os coñecementos básicos de prevención de accidentes e de actuación ante eles.

 

Cartel.

 

O temario inclúe a aprendizaxe da cadena de supervivencia, reanimación cardiopulmonar básica en adultos, mobilidade e manexo urxente de vítimas, e actuación ante a obstrución da vía aérea por un corpo estraño en adultos e nenos maiores de 1 ano. Ademais, aprenderase como tratar hemorraxias, queimaduras, traumatismos, picaduras e mordeduras de animais.

Enlace de inscrición online: http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso?cod_curso=530686

Artigos relacionados

Back to top button