
A Asociación Cultural, Educativa e Social Vagalume Valdeorras, vén de facer entrega a Cruz Vermella Valdeorras, dunha doazón de 370 euros que se destinarán a axudar ás persoas afectadas pola crise de Ucraína.
Unha colaboración solidaria posible trala celebración do “XX Maratón de Lectura: Lendo a Florencio por Ucraína” celebrado na praza do Concello do Barco de Valdeorras e no que participaron 74 persoas.
Cruz Vermella traslada o seu máis sincero agradecemento tanto á organización como ás persoas que se inscribiron na iniciativa benéfica.