DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

Cuadrangular feminino amigable, na pretempada do Rúa Valdeorras FSF

O primeiro partido, entre o Rúa Valdeorras e o Vianariño, resolvíase cun contundente 8-0. O segundo, entre Ponfesala e Carballiño, cun 2-5

 

Rúa Valdeorras FSF, Vianariño FS, Ponfesala FSF e Carballiño FSF. Son os catro equipo femininos que están a disputar o torneo amigable no pavillón municipal da Rúa, como parte da preparación do equipo valdeorrés.

 

 

Sen o míster, ausente polo falecemento da súa avoa, o equipo anfitrión saltaba ao parqué para enfrontarse en primeiro lugar ao equipo de Viana do Bolo. Custoulles marcar o primeiro gol pero as valdeorresas dominaron o encontro que se resolvía cun contundente 8-0.

 

 

O seguinte partido enfrontaba a ponferradinas e carballinesas vencendo as segunda 2-5. Despois xogaranse as finais. O Vianariño xogará co Ponfesala e finalmente o Rúa Valdeorras co Carballiño.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button