ConcellosO BarcoÚltima hora

Cultos, música e comida na Romaría de San Francisco Blanco, o 4 de febreiro en Outarelo (O Barco)

Procesión coa imaxe de San Francisco Blanco o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A localidade barquense de Outarelo estase xa preparando para celebrar unha nova edición da Romaría de San Francisco Blanco, avogado da dor de cabeza, que se celebrará o 4 de febreiro.

O triduo comezará celebrarase do 1 ao 3 de febreiro ás cinco e media da tarde, e o día central será o sábado con misas cada hora dende as dez e media da mañá, aínda que o momento máis esperado polos devotos de San Francisco Blanco chegará ás 12:30 horas, cando dé comezo a procesión coa imaxe e reliquia (cráneo) do santo polo pobo, amenizada polo grupo de gaiteiros Celtas Largos, que rematará coa eucaristía na que o párroco lembrará a vida, obra e morte por crucifixión do mártir do Tameiron (A Gudiña). Durante a celebración, a reliquia do santo permanecerá á vista de todo o mundo para pasarlle as famosas rosquillas que poden aguantar todo o ano sen estropearse, ou simplemente pasar a man pola urna e incluso bicala.

 

 

Entre os numerosos fieis que acuden cada ano á cita están os diferentes grupos de amigos que se achegan ata Outarelo para asistir aos cultos e despois reunirse nas adegas do pobo e celebrar a súa particular festa con xantar incluído. Ese día haberá  polbo e churrasco na praza do pobo así como as tradicionais “rosquilas” nos postos diante da capela.

Ao día seguinte, domingo 5 de febreiro, haberá misa de San Antón ás 13:15 horas.

Artigos relacionados

Back to top button