CarballedaConcellosÚltima hora

Cultos, música e pinchada popular nas festas de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras)

 

Na fin de semana 29 e 30 de xuño, a localidade valdeorresa de Viladequinta (Carballeda) celebraba as festas na honra a San Pedro organizada pola Asociación de Veciños Vicente Tato.

 

 

Na xornada do sábado houbo unha pinchada popular con paellas, empanada, tortilla,… e baile en sesión de tarde e berbena con A Boa Festa Discomóbil. E xa o domingo houbo misa e procesión na honra ao santo e a actuación da Charanga El Tattoo que fixo un pasarrúas, acompañou á procesión e amenizou o baile pola tarde.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button