A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Cultos na honra a Santa Mariña, patroa de Rubiá

A procesión comezaba no barrio de Xeadre e remataba na igrexa parroquial onde tiña lugar a eucaristía

 

Neste 2022, recuperada xa case totalmente a normalidade trala pandemia, retomáronse os cultos na honra a Santa Mariña, patroa de Rubiá, aínda que non a parte lúdica. “Chegaron a ter ata catro días de festa, pero este ano non cren que se faga nada”, adiantaba o párroco, Daniel Pérez Quintela.

 

 

Así, dous meses despois das festas da Ascensión, Rubiá vivía hoxe outra celebración, desta volta unicamente relixiosa e centrada no barrio de Xeadre. Dende aí saía no mediodía deste domingo 17 de xullo a procesión coa imaxe da Virxe, que percorría parte do pobo valdeorrés ata a igrexa parroquia onde o se oficiaba a misa.

 

 

As altas temperaturas seguen azoutando a comarca, por iso antes de entrar na igrexa o párroco pedía un aplauso para os “valentes” que acompañaron á Virxe na procesión malia a intensa calor.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button