EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Cupa Group acorda a adquisición da empresa valdeorresa Pizarras Lomba

É a cuarta operación que realiza no últimos cinco meses, despois da incorporación ao grupo de Pizarras Gallegas, Proinor e Rinus Roofing

Javier Fernández, CEO de Cupa Group./ Cedida.

 

Cupa Group, a compañía líder en produción e comercialización de lousa, vén de anunciar hoxe a adquisición de Pizarras Lomba, empresa produtora de lousa con sede en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Con esta nova operación, o grupo eleva á súa cifra de facturación por riba dos 400 millóns de euros.

Fundada en 1985 en Sobradelo, Pizarras Lomba explota a súa propia canteira, “cun xacemento de lousa de calidade que destaca especialmente pola súa cor negra e a súa rocha de gran fino, moi recoñecida principalmente nos mercados de Francia e Reino Unido”, tal e como explica Cupa Group.

Pizarras Lomba conta con 50 empregados que empezarán a formar parte do persoal do grupo, agora con máis de 2.400 en todo o mundo.

Maior oferta e presenza internacional

Cupa Group creceu exponencialmente nos últimos anos grazas a unha estratexia comercial sólida que ten reforzado a súa posición de liderado na exportación de lousa ao norte de Europa. As adquisicionesde Pizarras Gallegas (decembro de 2020), Proinor (febreiro de 2021) e Rinus Roofing (marzo de 2021) permitiron acelerar este proceso de expansión, que aumentou a súa presenza internacional e ampliou a oferta de produtos de construción para cubertas que comercializan as filiais Cupa Pizarras e Burton Roofing, tal e como sinalan dende Cupa Group.

“Nos últimos anos, fixemos grandes progresos en reforzar a nosa gama de produtos e ampliar a nosa presenza internacional, xa que incorporamos á familia Cupa importantes compañías especializadas en materiais para cubertas. Isto permitiu o desenvolvemento a gran escala dun negocio líder na produción de lousa, cunha ampla variedade de aplicacións na construción. Estamos entusiasmados co crecemento das nosas distintas unidades de negocio”, asegura Javier Fernández, CEO de Cupa Group.

Artigos relacionados

Back to top button