EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Cupa Innovación, mellor gran empresa galega en materia de innovación

O centro de I+D+i da multinacional da lousa Cupa Group vén de recibir o Premio Galicia de Innovación e Deseño 2020, na categoría de gran empresa

Publicidade
Equipo de Cupa Innovación, que vén de ser distinguida nos I Premios Galicia de Innovación e Deseño.

 

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia vén entregar os galardóns da primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, que constitúen un recoñecemento ás persoas e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño e no que resultaba distinguida Cupa Group, do sector da lousa.

A entrega dos mesmos tiña lugar o venres 26 de febreiro. Cerca dun cento de candidaturas eran valoradas por un xurado experto, que seleccionou aos finalistas para as categorías das que consta o certame que son dúas: innovación (cos apartados de pequena e mediana empresa, grande empresa e traxectoria innovadora) e deseño (coas categorías de profesionais, deseñañadores novos e empresas).

Así a multinacional líder mundial na produción de lousa e experta na distribución de pedra natural, Cupa Group, recibiu o Premio Galicia de Innovación 2020, na categoría de gran empresa. Este galardón recoñece a contribución da empresa no desenvolvemento socioeconómico de Galicia a través da innovación.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, foi o encargado de entregar o premio a Eduardo García, director de Cupa Innovación, nunha xornada que poñía en valor o potencial do tecido empresarial de Galicia. “Este premio é un recoñecemento ao noso traballo e tamén á aposta da empresa pola innovación”, destacaba Eduardo García. “En definitiva, non só estamos a xerar valor para a compañía”, indicaba, “senón para a economía galega, como empresa tractora que colabora con universidades, centros tecnolóxicos e pemes, xerando emprego de alta cualificación nas zonas rurais onde se concentran os nosos centros produtivos”.

A innovación é “o nexo en común da estratexia de Cupa Group en todas as súas actividades”, destacan dende a multinacional,”desde a súa fundación en 2006, Cupa Innovación ten liderado máis de 40 proxectos de I+D+i, obtivo máis de 20 patentes no sector da pedra natural e desenvolveu produtos eficientes e sostibles como Cupaclad, Thermoslate, Stonepanel e Thermochip Housing. Nos últimos anos, o seu equipo de enxeñeiros, con sede en Vigo, impulsou a modernización dos procesos produtivos da compañía con tecnoloxías 4.0 (Big Data, IoT, intelixencia artifical e robótica avanzada) e investigacións baixo o paradigma da economía circular para o aproveitamento de residuos”.

Dende este grupo empresarial tamén consideran o papel de Cupa Group “como axente clave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia, concretamente no medio rural, e a presenza da innovación como un elemento fundamental para o desenvolvemento do seu o seu crecemento empresarial, foron recoñecidos con este premio, outorgado o venres 26 de febreiro pola Axencia Galega de Innovación”.

Artigos relacionados

Back to top button