EconomíaEconomíaÚltima hora

Cupa Stone consolida a súa posición no mercado de encimeiras con Ceratop, a súa nova marca de porcelánico

Interior do almacén de Cupa Stone en Madrid./ Cedida.

 

Cupa Stone, a empresa experta en produción e venda de pedra natural, continúa reforzando a súa presenza no mercado de encimeiras de cociña con Ceratop, a súa nova marca de porcelánicos. Con este lanzamento, a empresa afianza a súa posición no sector do interiorismo, especialmente no deseño de cociñas, e amplía a súa oferta nunha liña de produtos que, en 2022, representou o 40% da súa facturación en España.

“Queremos reforzar a nosa oferta cun novo porcelánico de alta calidade e deseño que vai cubrir, cun prezo máis accesible, un oco do mercado que os clientes nos estaban reclamando”, explicou Guillermo Oviedo, director xeral de Cupa Stone Iberia, por mor do lanzamento da nova marca. “Ceratop é un fito na nosa traxectoria, representa a evolución que alcanzamos no últimos seis anos, especializándonos en novos mercados, como o das encimeras de cociña, no que a día de hoxe, grazas á nosa variedade de produtos e unha rede de distribución propia de trece almacéns, somos unha referencia a nivel nacional”, subliñou.

Ceratop

Ceratop é a segunda marca propia de encimeras de Cupa Stone. A súa comercialización únese á de Terra, a colección premium de pedra natural que a empresa lanzou ao mercado en 2018 para introducirse no mercado das superficies interiores, unha cota que desde entón foi en aumento grazas aos acordos de distribución oficial que a empresa ten na Península Ibérica para a venda dos materiais porcelánicos de Sapienstone e os cuarzos de Topzstone.

Con este lanzamento, a empresa continúa “adaptándose ás necesidades do mercado, en especial, ás da canle cociña, cumprindo cos estándares de calidade e deseño que comparte co resto de marcas de pedra natural, como Stonepanel e Infercoa, que produce e comercializa en exclusiva para outras aplicacións”, in dende a compañía.

A gama de Ceratop está composta por cinco referencias con diferentes cores e tonalidades cromáticas. White Snow, Cement, Borghini, Dolomiti e Nero Saint Laurent son os nomes das referencias da colección, dispoñibles nos trece centros de distribución de Cupa Stone en España, con acabado natural, doce milímetros de espesor e unhas dimensións de 3,24 x 1,62 metros, que as colocan entre as máis grandes do mercado.

 

O director xeral de Cupa Stone Iberia, Guillermo Oviedo, diante dunha táboa de Nero Saint Laurent, unha das referencias de Ceratop.

 

Cupa Stone, expertos en pedra natural

Cupa Stone é a empresa de Cupa Group, grupo con sede en Valdeorras, que comercializa e distribúe máis de 500 referencias procedentes de todo o mundo. Conta con oito centros produtivos en España, Francia, Portugal e Brasil, que permiten garantir tanto a subministración como a calidade dos seus materiais, desde a súa orixe ata o cliente final. Na actualidade, a súa rede de distribución está formada por 13 centros en España, 14 en Francia e tres en Portugal. Ademais, exporta os seus produtos a máis de 60 países dos cinco continentes, converténdoa nunha das compañías máis importantes do sector da pedra natural en Europa.

Artigos relacionados

Back to top button