A RúaConcellosÚltima horaVilamartín

Curso de auto defensa para mulleres en Vilamartín de Valdeorras e A Rúa

 

No marco dos actos conmemorativos do 25N (contra a violencia de xénero) e do programa de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP, os concello de Vilamartín de Valdeorras e A Rúa foron seleccionados para desenvolver un curso de defensa persoal e autocapacidades como prevención de situacións de violencia de xénero, impartido por un monitor especialista integrante da Federación Galega de Loita.

Ámbolos dous comezaban hoxe, sábado 27 de novembro. En Vilamartín impártese no Centro Santa Lucía coa asistencia cunha quincena de mulleres en horario de 16 a 20 horas, hoxe e tamén mañá; e no caso da Rúa é de 10 a 14 horas na Casa da Cultura, hoxe e o vindeiro sábado 4 de decembro.

Este curso está pensado para mulleres maiores de 18 anos de idade, coa posibilidade de permitir a inscrición de rapazas de 15 a 17 anos sempre con previa autorización dos pais/nais/titores. Aínda que é unha actividade gratuíta as prazas son limitadas, polo que é necesaria a inscrición previa nos respectivos concellos.

As imaxes da galería corresponden ao curso no Centro Santa Lucía, en Vilamartín de Vadeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button