A RúaConcellosÚltima hora

Curso de búsqueda de persoas desaparecidas, na Rúa

 

Nesta fin de semana estase a impartir na Rúa un curso de búsqueda de persoas desaparecidas, promovido pola Xunta e pola Academia Galega de Seguridade. Esta acción formativa inclúa un total de seis módulos teóricos: marco legal e obxectivos, investigación correspondente ás forzas e corpos de seguridade do Estado, utilización de cans, uso de drones e novas tecnoloxías, organización e voluntariado.

Así mesmo, a formación conta cunha parte práctica consistente nun simulacro de búsqueda que terá lugar mañá domingo. Entre os docentes están un representante do grupo cinecolóxico da Garda Civil, un responsable de Protección Civil e o sarxento de Bombeiros de Celanova.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button