EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de cata “A arte do viño envellecido”, o 11 e o 12 de marzo en Valdeorras

Esta iniciativa será organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras organizará un “Curso de Cata: el arte del Vino Envejecido”, cun carácter eminentemente práctico. “Pretende facer chegar aos apaixoados da enoloxía as características dos viños envellecidos en barrica, así como as diferentes madeiras utilizadas para iso. Este curso levará a cabo entre os días 11 e 12 de marzo, cunha duración de 10 horas”, tal e como adiantan dende esta entidade que preside, Joaquín Sánchez.

O día 11 o curso será impartido en xornada partida, de mañá (11h-14:30) e de tarde (17:30-20h) no Hotel La Calzada (Vilamartín), e constará de dous apartados. Haberá unha cata de viños brancos da D.O. Valdeorras durante a xornada matinal e outra de viños tintos da D.O. Valdeorras durante a tarde.

O día 12, levará a cabo a parte máis lúdica do curso con visitas a viñedos de Larouco, Castrillón e contorna das covas de Seadur. Esta visita inclúe unha degustación de viño, e a posibilidade para aqueles que o dessen de finalizar cunha cunha comida ás 14:00 horas en Cova da Xabreira, a comida non está incluída.

 

 

A actividade que está dirixida polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, e ten custo de participación é de 30€ por persoa.

Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, ou enviar un correo electrónico a info@rutadelvinovaldeorras.com.

“A todas aquelas persoas que asistan de fóra da Comarca desde a Ruta estaremos encantados en poder aconsellarlle acerca da oferta de aloxamento e restauración que nosos asociados poden brindarlle”, indican dende esta asociación.

Artigos relacionados

Back to top button