EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de cata de uvas, mostos e viños, o 23 de setembro en Vilamartín

Esta acción formativa será organizada novamente pola Ruta do Viño de Valdeorras e incluirá unha visita guiada por adegas ao día seguinte, 24 de setembro

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras volve organizar o curso de cata de uvas, mostos e viños “De tal uva, tal viño”. Mediante este curso eminentemente práctico preténdese “facer chegar aos participantes os principais conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración dos viños”, indican dende a asociación. Esta acción formativa impartirase o día 23 de setembro, cunha duración de 6 horas  en xornada partida, de mañá (11’00 a 14’30) e de tarde (17’30-20’00) no Complexo Hostaleiro Paladium (Villamartín).

O curso constará de dous apartados. A cata de uvas, mostos e viños brancos da D.O. Valdeorras: godello, jerez, dona branca, treixadura… e a cata de uvas e viños tintos da D.O. Valdeorras: mencía, garnacha tintureira, sousón, brancellao…

 

 

Tamén se propón, como en ocasións anteriores, a posibilidade de realizar unha visita na xornada do día 24 de setembro en horario de (11’30-14’00) ás adegas de Entoma, Vírgen del Galir e Roandi, para catar mostos coas uvas colleitadas durante esta vendima e finalizar cunha comida ás 14:30 no Bar O Retorno A Rúa, composto por un menú variado que inclúe polbo.

A actividade que está dirixida polo director técnico do Consello Regulador de Valdeorras, Jorge Mazaira. O custo de participación do curso é de 30€. A comida non está incluída.

Para poder participar é necesario completar o formulario que se atopa dispoñible na páxina web www.rutadelvinovaldeorras.com, e para máis información pódese chamar ao número 604 07 87 53, ou enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com.

Artigos relacionados

Back to top button