ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso de Iniciación á informática para maiores de 55 anos no Barco, en setembro

Aula Cemit do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco organiza un curso de iniciación á informática, destinado a maiores de 55 anos. Esta acción formativa comezará o 5 de setembro, e ten previsto rematar o día 30. Durante a semana do 12 ao 18 non haberá clases, xa que coincide coas festas do Cristo.

As clases desenvolveránse pola mañá, de 10 a 12 horas, todos os días laborables do período indicado. Neste curso cóntase con 10 prazas, que se adxudicarán por riguroso orde de inscrición.

As inscricións poden realizarse de diferentes xeitos:

-Presencialmente, na aula do CeMIT, situada no segudno andar do edificio multiusos do Concello do Barco.
-Escribindo un correo, co nome e o DNI ao mail cemit.obarco@xunta.gal
-Na páxina web https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/login?lang=es_ES, usando o nome de usuario e a contrasinal.

Artigos relacionados

Back to top button