BarbadásConcellosÚltima hora

Curso de salvamento acuático e primeiros auxilios nas piscinas de Barbadás

Realizarase en varias quendas dunha semana de duración, dende o 10 de agosto ata o 12 de setembro

As piscinas de Barbadás. / Foto: cedida.

 

As piscinas municipais da Valenzá (Barbadás) acollerán, dende o vindeiro 10 de agosto, un curso intensivo de salvamento acuático e primeiros auxilios. A formación impartirase de 10:00h a 12:00h de luns a sábado en varias quendas: do 10 ao 15 de agosto, do 17 ao 22 de agosto, do 24 ao 29 de agosto, do 31 de agosto ao 5 de setembro e do 7 ao 12 de setembro.

A participación no curso require que os participantes sexan maiores de 6 anos e teñan a capacidade de flotar na auga sen material auxiliar. O aforo está limitado a 20 persoas por semana e os inscritos poderán gozar tamén de acceso gratuíto ás instalacións unha vez rematadas as clases e ata as 14:30h.

Os participantes coñecerán as pautas a seguir ante unha situación de perigo, a entrar correctamente na auga, a achegarse á vitima con seguridade e a técnica do remolque. Tamén se ensinará a realizar comprensións torácicas e a movilizar correctamente á vítima.

Para máis información: 696 93 28 95

Artigos relacionados

Back to top button