EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso intensivo de apicultura en Verín o 7 de abril

Verín acollerá o vindeiro sábado, 7 de abril, un curso formativo intensivo sobre apicultura, organizado pola Asociación Apícola Abellas Nais, en colaboración co Concello. Terá un horario de 10 a 14 e de 17 a 22 horas e impartirase na Sala de Audiovisuais da Sala de Exposicións (rúa Irmáns da Salle) da vila.

No curso farase un repaso da bioloxía dos habitantes dos enxames, analizarase o calendario de traballos ao longo do ano, realizarase a identificación das principais doenzas da cría e das abellas adultas e abordaranse os principios básicos de selección e as técnicas de produción de mel

As persoas interesadas en inscribirse nesta acción formativa poden facelo a través do mail abellasnais@gmail.com. O prezo para os “non socios” e de 20 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button