CulturaCulturaÚltima hora

Curso intensivo de interpretación “O Actor Orgánico” chega a Verín os días 26, 27 e 28 de abril

A productora Canary Pixel impartirá no Auditorio de Verín o seminario intensivo de interpretación “O Actor Orgánico”. Durante tres días, do 26 ao 28 de abril, os participantes terán a oportunidade única de elevar o seu traballo actoral a niveis avanzados.

Este seminario, organizado por A Caja de Pandora en colaboración do Concelllo de Verín, está dirixido a actores con experiencia que desexen profundar na súa técnica interpretativa, ofrece unha aproximación nova e práctica ao arte da actuación. Desde a exploración das emocións máis sutís ata a interpretación de personaxes complexos, “O Actor Orgánico” promete levar aos participantes a unha viaxe de descubrimento e crecemento no mundo da interpretación.

O primeiro día do curso estará dedicado á revisión de fundamentos do arte dramático, tipos de conflito, conceptos de dramaturxia e xéneros teatrais e cinematográficos. Ademais, introducirase o concepto de actuación neutra e explorarase a transición cara a unha interpretación orgánica, baseada nunha conexión emocional profunda.

O segundo día centrarase na fluctuación emocional, con análise de personaxes, exercicios prácticos e improvisacións que permitirán aos participantes explorar a complexidade da narrativa emocional. Gravarase e visualizaranse os exercicios para unha avaliación técnica detallada.

O terceiro e último día do seminario abordará o conflito emocional interno, profundizando en como construír unha narrativa emocional complexa e enfrontarse aos desafíos internos dos personaxes.

“O Actor Orgánico” promete ser unha experiencia enriquecedora e transformadora para todos os participantes, que terán a oportunidade de traballar baixo a guía de expertos nun ambiente de aprendizaxe colaborativo.

Para máis información e reservas, os interesados poden contactar con Canary Pixel Productions no teléfono 663 504 644

Artigos relacionados

Back to top button