SanidadeÚltima hora

Curso sobre “Prevención de riscos ergonómicos: taller de costas”, no Barco

Esta acción formativa, organizada por AEVA en colaboración coa CEO, impartirase do 7 ao 10 de outubro

 

A hixiene postural, a ergonomía ou a carga física (esforzos, riscos no traballo, posturas forzadas) serán algúns dos contidos do curso “Prevención de riscos ergonómicos: taller de costas”, que se desenvolverá do 7 ao 10 de outubro no Barco.

Esta acción formativa está dirixida a empresarios, traballadores e autonómicos de calquera sector, así como a persoas desempregadas. En total o curso terá unha duración de 20 horas (15 horas teóricas e 5 horas de práctica) e impartirase na Academia Epsilon do Barco.

O curso é gratuíto e as prazas limitadas, por iso as persoas interesadas en participar deberán comunicalo na oficina de AEVA, no teléfono 988321150 ou no e-mail: aeva@empresariosdevaldeorras.com.

Artigos relacionados

Back to top button