CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Da loita circense de Maciste á lenda de Don Roldán

O programa “De Perto” complétase hoxe cunha serie de actos culturais na fortaleza do Castro (O Barco)

Os Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco) acollían na noite do 17 de xullo unha dobre actuación que mestura a narración oral coa música. Abríase coa música composta por Paco Campos para poñerlle son aos relatos do seu audio-libro “O fillo de Maciste”. Interpretábaa o propio Campos (músico, escritor e actor) ao acordeón, acompañado aos instrumentos de vento por Xosé Taboada.

De seguido, o artista valdeorrés recreaba o relato que dá titulo ao seu libro, “O fillo de Maciste”, e tras subía ao escenario César Cambeiro que poñía en escea a primeira das historias que compoñen o seu espectáculo “Tradición 2.0”. Nela contaba a tráxica historica de amor entre Roxín Roxal e a súa maada, Tareixa.

Tomaba despois o relevo Paco Campos e Xosé Taboada con novas historias arredor do Val de Iorres e a noite completábase coa segunda das lendas de César Cambeiro, desta volta sobre “Roldán e as tres costureiras de Puxares”.

Esta proposta cultural forma parte do Festival “De Perto. Espazos de Cultura do Barco”, cuxo programa se completará hoxe cunha serie de actos na fortaleza barquense do Castro a partires das 20:30h., entre eles están unha conferencia do arqueólogo Santiago Ferrer, a actuación de Tornaxeira e o espectáculo “Historias do viño” de Lois Pérez.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button