ConcellosÚltima hora

Da novena ao día grande das Festas da Santa Rita no Barco, o 22 de maio

Devotos achegando as súas rosas á imaxe da Santa Rita, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Aínda que os actos lúdicos acaparan gran parte do programa, a de Santa Rita é tamén unha das celebracións relixiosas máis importantes da comarca. Os oficios, centrados na igrexa que leva o seu nome, comezan o 13 de maio coa novena, rosario e misa, ás 12:30 e 19h. cultos que se estenden ata o 21 ás 8:15 e ás 20 horas.

Con todo, será o martes día 22 o que centralice os actos principais. A partir das 8 oficiaranse misas cada hora, ata as 11h. A procesión comezará unha hora despois (12h.) percorrendo diversas rúas barquenses (España, Marcelino Suárez, Santa Rita e Estación), e a imaxe da Santa Rita, esculpida polo artista barquense Xelo de Tremiñá, irá rodeada de rosas vermellas, como símbolo das que floreceron no seu horto durante o inverno. Rematado o percorrido, no que soará a música da Banda do Barco, farase a misa. Xa pola tarde, haberá outra eucaristía prevista para as 20 horas.

Máis información na edición en papel do Especial Santa Rita publicado polo Periódico O Sil e que pode atoparse nos quioscos.

Artigos relacionados

Back to top button