CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Dakidarría compartirá escenario con Tanxugueiras no OurenSound Fest, en maio

Esta banda galega lanzará o seu sexto disco de estudo, “Colaxe”, o 25 de febreiro

Dakidarría.

 

Dakidarría será unha das bandas do cartel do OurenSound Fest 2022, que contará tamén coa presenza de Tanxugueiras. O festival celebrarase do 27 ao 29 de maio en Bemposta, Ourense. A banda do Val Miñor presentará o seu vindeiro disco, ‘Colaxe’, xunto a outros artistas como Tanxugueiras, Xoel López, Rayden, Sés ou La Quinkillada.

Dakidarría está considerada unha banda histórica no panorama galego e estatal. Cunha traxectoria de 18 anos sobre os escenarios, acadan a maioría de idade ultimando o lanzamento do seu sexto disco de estudo “Colaxe”, sendo a banda referencia da música contestaria galega.

‘Colaxe verá a luz o vindeiro 25 de febreiro, venres de Entroido, pero xa puidemos desfrutar con dous poderosos adiantos. ‘Arrasadeira” e ‘Pobo de Artistas’, un tema que refrexa a efervescencia da actual escena galega e que uniu a máis de oitenta artistas cantando ao unísono nun mesmo videoclip, entre elas as mismísimas Tanxugueiras.

Con ampliación da súa formación, a agrupación musical retoma a carretera neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posible.

Dakidarría fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluir ata doce linguas diferentes.

O seu prato forte son os directos, demostraron en cada xira que o seu é a festa enriba e debaixo do escenario. Os abonos para poder acudir a ver a esta formación no Ourensound 2022 xa están á venda.

Artigos relacionados

Back to top button