A RúaConcellosÚltima hora

David Amor, Ledicia Sola e Sergio Pazos actuarán este venres no Centro Cultural Avenida da Rúa

O espectáculo de humor "Comicamente" enmárcase nesta edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense

David Amor, Ledicia Sola e Sergio Pazos.

 

Estaba previsto para o mes de abril, pero chegou o coronavirus e todo quedou en suspenso, incluso o humor. Por iso será finalmente este venres 9 de outubro cando o espectáculo “Cómicamente by Ourense ICC Week” chegue ao Centro Cultural Avenida.

Será ás 21h. e contará con “tres monstruos da comedia: o das patillas, o das mans grandes e a de Vivir sin permiso, ou o que é o mesmo, Sergio Pazos, David Amor e Ledicia Sola, que xuntos trasladarán ao público ao apoxeo dos monólogos ao máis puro estilo de El Club de la Comedia.

Sergio Pazos é un actor, humorista e reporteiro nado en Ourense. Participou en varias series televisivas ata converterse nun dos reporteiros do Caiga quien caiga. No seu currículo hai infinidade de obras de teatro; en cine, destacan os seus papeis en El lápiz del carpintero (Dir. Antón Reixa 2003), Lisístrata (Dir. Francesc Bellmunt 2002) e Muertos de risa (Dir. Alex de la Iglesia 1999); e en canto a ficción televisiva, o seu personaxe máis memorable é o de Pepe en Cuéntame cómo pasó (TVE, 2009-2015).

A historia de David Amor comeza en 2001 no programa da TVG O Rei da comedia. Pouco despois é seleccionado no Club do Chiste, en Antena 3, ata chegar a Globomedia e tempo despois a El Club de la Comedia. Nos últimos anos encamiñou a súa carreira cara á ficción en televisión participando nas series Gym Tony en Cuatro e Aquí Paz y después gloria.

E Ledicia Sola é coñecida na televisión polo seu papel de “Elisa” na serie Vivir sin permiso xunto a José Coronado e Álex González; e tamén pola súa participación en Gran ReservaAmar es para siempre e Seis Hermanas, sen esquecer Pazo de familiaOs Atlánticos Rías Baixas, O Nordés e Serramoura. En cine, ten participado en películas como El patio de mi cárcel de Belén Macías, Contou Rosalia de Zaza Ceballos, Hotel Tivolide Antón Reixa, Anos Despois de Laura Gardós Velo.

As entradas están á venda en ataquilla.com

Artigos relacionados

Back to top button