O cabeza de lista por Ourense de Galicia en Común-Anova-Mareas nestas eleccións ao Parlamento de Galicia, David Bruzos, exerceu o seu dereito ao voto no colexio electoral de Velle ás 11:00h, animando “a todo o mundo a que hoxe vaia votar e a toda a cidadanía de Ourense a que se exprese de forma maioritaria”.
Ademais, afirmou que “é un día importante que vai marcar o futuro do país nos próximos catro anos, e como dicimos, coas máximas garantías para a saúde das persoas, respectando as medidas de seguridade, pero que a xente veña a participar democraticamente, porque é importante”.