Medio cento de participantes disputaban na tarde do 13 de xullo no polideportivo do Aguillón o III Aberto Internacional de Xadrez A Rúa. O título desta edición conseguíao David Larino Nieto (CX Verín) que sumaba 6 puntos, mentres que en segunda posición situábase o xogador búlgaro Vladimir Petkov (Chantada) e na terceira Sergio Guerrero do Club Xadrez Valdeorras.
Neste aberto entregábanse premios en metálico aos sete primeiros clasificados e tamén medallas e diplomas para os xogadores menores de 14, 12 e 10 anos. Este evento deportivo, que promove o Club Xadrez Valdeorras, iniciábase xa ao mediodía do 13 de xullo cunha serie de torneos amistosos ao aire libre na rúa Doutor Vila coa participación duns 40 nenos cos seus pais. Deste xeito esta entidade pretende promover o xadrez entre os máis novos e achegalo á sociedade.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-rua-acolle-o-seu-iii-aberto-internacional-de-xadrez/