AletismoDeportesÚltima hora

David Márquez (Atletismo Rúa) imponse na carreira de visibilización das enfermidades raras, na Rúa

 

Aínda que con menos participación que na anterior edición previa á pandemia, na mañá deste domingo 24 de abril celebrábase na Rúa a primeira marcha do circuíto ‘Móvete polas enfermidades raras’ de 2022 organizado polo Club Atletismo Rúa en favor de Anasbabi Ciclopatías, con dúas modalidade: andaina e carreira.

Con saída e meta na praza Enriqueta Casanova, os primeiros en saír eran os andarines que percorrían os preto de 7 quilómetros pola zona de Fontei. De seguido tocáballe o turno aos corredores nunha carreira na que, segundo os datos da organización, impoñíase David Márquez (Atletismo Rúa), seguido de Julio López Carracedo e Felipe Jaime Semlali. Na categoría feminina unicamente participaba Elisa García Alonso.

 

Os participantes na carreira.

 

Amais de deportivo, a proba ten un carácter solidario xa que nace co fin de dar visibilidade ás enfermidades raras que só na preovincia de Ourense afectan a unhas 35.000 persoas, segundo os datos facilitados polo O presidente de Anasbabi Ciclopatías, José Carlos Pumar, que non pudo estar hoxe na Rúa por unha avaría no coche. Así, o  presidente do Club Atletismo Rúa, Fernando Navarro, era o encargado de recibir aos participantes, asegurando que as incricións rondaron o cento. “Falta xente porque moitos fixeron a donación para a Fila 0”, asegurou.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button