O programa cultural De Perto finalazaba a súa segunda edición na tarde-noite do 18 de xullo na fortaleza do Castro (O Barco). Neste entorno tiña lugar unha conferencia a cargo do arqueólogo valdeorrés Santiago Ferrer Sierra que facía un “percorrido histórico” pola historia deste encrave de orixe castrexa, así como como polo proceso de rehabilitación e posta en valor rematado recentemente. De seguido, tiña lugar unha visita guiada pola torre.
O programa incluía asemade a actuación do narrador oral Lois Pérez que debullou as súas peculiares “Historias do viño”, en clave humorística. O broche poñíao a formación de música tradicional valdeorresa Tornaxeira ao ritmo tradicional de alboradas ou muiñeiras. Este programa cultural foi promovido pola Concellería de Cultura do Barco.
Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotos na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).