OurenseÚltima hora

Decálogo da Policía Nacional para que o “Black Friday” non se converta nun “Bad Friday”

O “QRishing” ou o “typosquatting” son algúns dos fenómenos aos que se debe prestar atención para non ser vítima de estafas

 

Ante o previsible aumento de compras de fronte ao Black Friday e o Cyber Monday, expertos da Policía Nacional elaboraron un decálogo para evitar posibles fraudes que se poden producir nos próximos días. As redes sociais en ocasións estanse a converter en fonte de entrada para a difusión de estafas, os ciberdelincuentes pódenas utilizar para ofertar artigos rechamantes que non existen ou para redirixir a páxinas fraudulentas

A Policía Nacional recomenda seguir estes dez consellos para que o “Black Friday” non se converta nun “Bad Friday”:

1.- Coidado con algunhas promocións que chegan por email ou redes sociais! Estes poden incluír unha ligazón que che redirixe a un sitio web fraudulento onde tentan roubar a túa información persoal e financeira. Non piques esa ligazón, busca a oferta no comercio a través do teu navegador

2.- Gancho: artigos populares con excesivos descontos. Os estafadores adoitan crear sitios falsos de comercio electrónico que desaparecen despois de recadar o diñeiro das súas vítimas.

3.- Non sexas vítima de de “typosquatting” (un usuario acaba nunha páxina web que non é a que estaba a buscar por teclear mal a URL). Cando entres nunha páxina verifica que estea ben escrito o nome na URL

4.- Atento ao “QRishing” os estafadores son capaces de manipular un código QR para que te descargues un software malicioso para infectar o teu dispositivo, para facerse cos teus datos máis sensibles redirixíndoche a unha web fraudulenta

5.- Estes días de tantos envíos é probable que recibas un sms ou email de supostas empresas de paquetería Non piques nas ligazóns! Pode ser phishing!

6.- É importante fixarse no deseño da tenda en liña, imaxes de mala calidade, textos mal traducidos, ou faltas de ortografía, que non inclúan CIF, domicilio fiscal,… deben facer saltar as alertas

7.- Que o desconto sexa no prezo e non na calidade. Debe manterse a mesma calidade e dereitos

8.- Busca a icona do cadeado e a “s” na URL no teu navegador. Isto darache indicios de que estás ante unha páxina segura

9.- Se a web xa che resulta sospeitosa e unicamente che piden datos da túa tarxeta ou a túa conta bancaria. Desconfía!

10.- Se fuches vítima dunha fraude, cambia contrasinais, cancela a tarxeta de crédito ou débito de inmediato, fala co teu banco e denuncia na Policía Nacional

Artigos relacionados

Back to top button