EconomíaEconomíaÚltima hora

Degustacións de bica, viño, embutidos e mel na cuarta xornada de Xantar

Hoxe foi o día dos concellos da Pobra de Trives e da Veiga, e mañá será o do Barco de Valdeorras

A piques de baixar o pano, Xantar celebraba hoxe, sábado 9 de febreiro, unha intensa xornada adicada ao Turismo. No acto oficial, a directora da Axencia de Turismo de Galicia Nava Castro, deixou patente o bo momento que vive o turismo na comunidade, convertida en destino punteiro grazas á enogastronomía. Este sector contribuíu á desestacionalización da oferta turística conseguindo que “6 de cada 10 turistas que veñen a Galicia o fagan xa fóra da época estival”, indicou. Castro falou tamén de “Galicia sabe”, a nova estratexia para promover o recoñecemento, a protección e a difusión nacional e internacional da cultura enogastronómica galega.

Además do día do turismo, a xornada de hoxe estivo adicada á Cámara Municipal de Vizela, que participaba por primeira vez e que desprazou ata o recinto a máis de 200 veciños. Tamén tiveron os seus días as cámaras de Esposende e Felgueiras, a Deputación Provincial da Coruña, a Fundación Amigos de Galicia, e os concellos da Pobra de Trives e da Veiga.

No stand trivés, presente na feira dende a inauguración, degustáronse produtos tradicionais da zona como a bica, os embutidos, o viño ou o mel. Con respecto ao expositor do Concello da Veiga, acollía unha degustación de requeixón con mel das terras de Trevinca.

Mañá, domingo 10 de febreiro, terá lugara a clausura do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, sendo o día adicado ao Concello do Barco de Valdeorras que ofrecerá unha degustación de botelo elaborado polo chef Carlos Parra.

 

Artigos relacionados

Back to top button