ConcellosÚltima horaVilamartín

Demostración improvisada de “inxerta” en Vilamartín como antesala da xornada dedicada a este labor o 20 de abril

 

Coa ollada posta na recuperación o vindeiro 20 de abril da “Festa da Enxerta” en Vilamartín de Valdeorras, un grupo de veciños desta localidade reuníanse nunha improvisada “demostracion de inxerta, tal e como era antes”. Facíano “como antesala a qué será nas festas de San Xurxo”, explicaba un dos participantes Manuel López.

 

 

Este veciño era ademais o ganador do primeiro premio no II Concurso de Enxerta das Festas do San Xurxo, en abril de 1973, contando con Dolores López como atadora. E detallábase ao Periódico O SIL como era o proceso manual desa enxerta. “Colliamos a estaca de vide americana, que é a única que resiste á filoxera, que entra pola raíz da planta, e coa navalla pegábaslle un corte, collías a puga da mesa, buscabas a que mellor se adaptaba e facías outro corte, e enchufábasllo á atadora, que o ataba cunha rafia. Isto agora cambiou todo, enxértase con máquinas, bótanlle parafina e van ás cámaras. Antes, na cova, na zona da antebodega facíanse as enxertas, deixábanse na cova ao fresco, pero ao día seguinte había que levalas á terra porque non había cámaras”, recorda Manuel López.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button