En portadaÚltima hora

Dende música ata rutas, no Festival Art-Part, nesta fin de semana na Veiga

 

Esta fin de semana volven as Itinerancias e o Campus Auga de Aldearmos con varias actividades dentro das programacións dos Festivais Art – Part. “Mostra de Cultura Comunitaria” e Eidos de Outono. Celebraranse entre o 28 e e o 30 de outubro.

O Art – Part é un evento que terá lugar no concello de A Veiga. Na proposta que ofrece pódense atopar cousas moi diversas, dende música ata roteiros, pasando por explicacións sobre a historia da zona. Neste caso, Aldearmos participa con dúas accións: o sábado 29 ás 13:30 haberá estarán presentes as Itinerancias co concerto do grupo Paraíso Canto na praza da vila e o domingo 30, ás 11:30 haberá un roteiro ata o Castro Río Xares, dentro do marco Aldear Campus de Auga; no mesmo, participará Begoña Garrido Labrador (GIDEP-UVIGO) con explicación sobre a historia do lugar.

A programación completa do Festival Art – Part queda deste xeito:

Venres 28

19:30h. Visita guiada ao Centro Astronómico de Trevinca.
21:30h. Sesión aberta de improvisación musical e karaoke.

Sábado 29

10:30 Benvida e presentación dos resultados do proxecto (Sala de conferencias, O Toural, A Veiga)
11:00-14:00 Espazo conciliación (Sala de conferencias, O Toural, A Veiga)
11:30 Obradoiro de música de raíz “O gaiteiro verde” (Centro de desenvolvemento rural, A Veiga)
11:30 13:30 Obradoiro de baile tradicional (Praza, A Veiga)
13:30 Aldear Itinerancias: sesión Vermú con Paraíso Canto (A Veiga)
17:00 Espectáculo familiar simplemente Enricco, especial Samhain (Praza do Concello, A Veiga))
17:30 Obradoiro xogo de bolos celtas (O Coiñedo, A Veiga)
17:30 Visita guiada ao museo do liño (Requeixo, A Veiga)
21:30 Catuxa Salom
23:00 Empanadilla Folk
00:30 Saya DJ

Domingo 30

11:00 Roteiro Xares – Alto da Escrita (Xares, A Veiga)
11:00 Actividade de narración oral para público familiar ‘Se as árbores falaran”, Iseo A Moura (Sala de conferencias O Toural, A Veiga)
11:30 Aldear Campus Auga: roteiro ao castro ‘Río Xares’ e explicación da cultura castrexa a cargo de Begoña Garrido Labrador (GIDEP-UVIGO). (Prada, A Veiga)
11:30 Visita ao museo de Pepe de Barrio (Lamalonga, A Veiga)
13:30 Sesisión vermú con DJ Um Sincero (A Veiga)
19:00 Matrioskas, historias e músicas sobre mulleres (Sala de conferencias O Toural, A Veiga)

Por outra banda, o Festival Os Eidos de Outono celébrase en O Courel, a terra do poeta Uxío Novoneyra; nesta proposta hai unha combinación de música, danza e poesía en diferentes enclaves: a Escola María Mariño de Parada, o Campo da Feira de Seoane e a Fundación Uxío Novoneyra de Parada.

Aldearmos estará presente na súa versión de Itinerancias durante o sábado 29 de outubro. As actividades coas que participa a rede comezan ás 12:30 con Pel de Lobo: Un lobo de aldea de Anxo Moure na Escola María Mariño de Parada. As actividades de pola tarde serán no Campo da Feira de Seoane, ás 16:00 estará Mikel Aristegui co seu espectáculo Ouveao e as 18:00, Furia Sotelo e Mounqup.

A programación completa do Festival dos Eidos de Outono do Courel queda deste xeito:

Sábado 29

12h30 Anxo Moure. Pel de Lobo: Un lobo de aldea (Escola María Mariño, Parada)
16h00 Mikel Aristegui. Ouveo. (Campo da Feira, Seoane)
17h00 Cía Kirenia Danza. Primeiro a vida! (Campo da Feira, Seoane)
18h00 Furia Sotelo e Mounqup (Campo da Feira, Seoane)
23h00 DJs Café/Pub Hydra (Seoane)

Domingo 30

12h00 Recital dos Eidos (Fundación Uxío Novoneyra, Parada)
-Antón Reixa
-Mercedes Martínez Modroño
-Sara Plaza
-Miguel Anxo Fernán Vello
19h00 a 23h00 DJs Café/Pub Hydra en Seoane.

Artigos relacionados

Back to top button