EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Denominación de Orixe Monterrei presentou os seus viños en Santiago

A cata estaba destinada ao colectivo hosteleiro e aos membros do “Club de cata de las Bodeguillas”
A cata fíxose en forma de cova de viño para gozar de todas as variedades da D.O . Monterrei
Os asistentes puideron gozar dun total de 21 marcas da D.O. Monterrei. 

O establecemento La Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago de Compostela, acolleu onte unha presentación dos viños da Denominación de Orixe Monterrei.

A cita estaba destinada aos integrantes do “Club de Cata de las Bodeguillas” e ao colectivo hosteleiro e tiña cobo obxectivo achegar aos pequenos grupos “as singularidades dos viños de Monterrei”. O acto comezou cara ás oito e media da tarde cunha exposición sobre esta denominación vitivinícola e as súas orixes milenarias, de mans do experto Luis Paadín. A continuación foi a cata, onde se puxo en relevo os distintos tipos de viños feitos segundo as diferentes variedades das uvas, distintos solos, altitudes e tipos de elaboración.

Posteriormente, os asistentes puideron degustar, nun formato de Túnel do Viño, un total de 21 marcas diferentes procedentes das adegas da D.O. Monterrei, o que lles permitiu facer un amplo percorrido pola denominación de orixe e a tipoloxía dos seus viños.

 

Artigos relacionados

Back to top button