OurenseÚltima hora

Deporte e medio ambiente, eixos dos campamentos de verán da Xunta para a mocidade

Visita do delegado en Ourense, Gabriel Alén, ao campamento "Vén explorar con nós" en Muíños

 

Na mañá deste martes 3 de agotsto, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaba acompañado do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, o campamento ‘Ven explorar con nós’ no complexo O Corgo; unhas instalacións equipadas con comedor central, infraestruturas deportivas e zonas cubertas con pérgolas para choiva e sol.

Alí, Alén Castro destacou a importante oferta de ocio e tempo libre, sempre vinculada á educación non formal, durante a tempada estival, entre campamentos, campos de voluntariado e outras actividades, e subliñou a importancia de desenvolver este tipo de estadías nas que os participantes gozan dunha programación de lecer educativo e tempo libre de primeiro nivel e nas que ao mesmo tempo, crecen persoalmente e coñecen a mozas e mozos que residan na comunidade autónoma.

Gabriel insistiu na importancia da práctica deportiva, destes rapaces e rapazas, para a súa formación tanto física como intelectual, e facelo nun espazo natural como é Muíños e a súa contorna.

Neste campamento participan un total de 50 mozas e mozos de entre os 09 e 12 anos. Durante unha semana desenvolverán actividades de auga, kaiak, vela, supervivencia, educación ambiental, dinámicas de expresión teatral e xogo.

Baixo o lema “O verán que mereces”, a programación estival deseñada pola Xunta de Galicia ofrecerá ta setembro unha oferta de ocio seguro, na que se manterán as medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias. Ademais, este ano inclúense probas de antíxenos completamente gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio de cada campamento.

Artigos relacionados

Back to top button