EconomíaEconomíaÚltima hora

A Deputación saca 52 prazas de emprego público

Dese tota, 40 son de acceso público e 12 son de promoción interna
Reunión da Mesa Xeral de Negociación do 30 de novembro.

A Deputación de Ourense aprobou hoxe, 20 de decembro, a súa Oferta de Emprego Público do ano 2017 cun total de 52 prazas, das cales 40 son de acceso público e 12 de promoción interna. Así o informou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, tras a xuntanza da Mesa de Negociación celebrada no Pazo Provincial. “Un mes despois de presentar a proposta da oferta de emprego público da institución e, tras varias Mesas de Negociación cos representantes sindicais, o comité de empresa e a xunta de persoal, pechouse o acordo con 52 prazas”, sinalou Jorge Pumar, engadindo que o obxectivo é “a redución da temporalidade, de forma que se dote de estabilidade ao persoal que se acolle ao proceso de consolidación”.

A Oferta de Emprego Público segue os criterios establecidos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 e da Lei la de Emprego Público de Galicia. Está tamén condicionada pola normativa establecida no Estatuto Básico do Empregado Público e as determinacións normativas do Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación de Ourense para 2017.

Artigos relacionados

Back to top button