PolíticaÚltima hora

O deputado popular Moisés Blanco reúnese coa presidenta de Asfaval

Comprométese coa entidade valdeorresa a “facer as xestións oportunas coa Xunta para solventar os problemas”

Co fin de abordar algúns dos problemas polos que atravesa a entidade, na mañá do 24 de xaneiro o deputado valdeorrés Moisés Blanco Paradelo mantiña unha xuntanza coa presidenta de Asfaval, Amelia Blanco, na que estivo acompañado polos concelleiros do Partido Popular do Barco, Arsenio Moldes e Sabina Aguado.

A reunión tiña lugar días despois de facerse público que a entidade valdeorresa quedaba fóra do concurso de prazas públicas da Xunta de Galicia, por non cumprir con algúns requisitos técnico-legais. Blanco Paradelo considera que “é unha situación que pon en serio risco a supervivencia da propia Asociación e unha cuestión que nos preocupa profundamente e faremos todo o posible para solucionar a situación”, polo que previamente reuníase co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey e coa directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, aos que lles trasladadaba a súa preocupación e “a necesidade de encontrar unha solución para este colectivo, que ten presenza destacada en moitos ámbitos da sociedade valdeorresa e goza de gran cariño e estima por parte de todos, veciños e institucións”, dixo Moisés.

Nese sentido, Blanco comprometeuse coa presidenta da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras a “facer todas as xestións para que a entidade poida participar nunha vindeira oferta de prazas públicas”, asegurando que “é necesario que se poida facer unha nova convocatoria e poidamos solucionar esta cuestións porque é moi importante que a Asociación poida seguir prestando este servizo e, moi especialmente, a familias que residen no rural ourensá, coa dificultade que iso entraña”.

Artigos relacionados

Back to top button