
Ao redor da temática “Dereitos laborais no embarazo e lactancia” xiraba a charla-coloquio que promovía na tarde do 8 de outubro “De Nai a Nai. Grupo de Apoio á lactancia e crianza con apego” no Barco. O acto abríase coa intervención do concelleiro de Sanidade barquense, Orlando Saavedra, quen destacaba o labor desenvolvido dende esta asociación no eido da crianza. “Cada día debemos insistir dende as administracións e os particulares en que nos queda un camiño moi grande por percorrer, pero asociacións como a vosa axudan a facelo posible”, destaba.
Ademais Saavedra presentaba á ponente, Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres, quen de seguido iniciaba unha exposición sobre os “Dereitos laborais no embarazo e lactancia”. Nela destacaba que “o traballo é o principal hándicap co aue todas nos temos que enfrontar para quer continuar coa lactancia materna”. A conferenciante tamén abordaba cuestións como os os e dereitos laborais da muller embarazada, dereitos no parto/hospitalización, baixas por maternidade, lactancia e traballo, permisos especiais… Ademais dunha pequena mención sobre os dereitos da infancia hospitalizada.

Esta charla-coloquio que se desenvolvía no salón do edificio multiusos do Barco é un dos actos do programa da terceira edición da Semana da Lactación Materna do Barco de Valdeorras, organizada por De Nai a Nai.