CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Semana de Orientación Académico-Profesional 2025 do Colexio Pablo VI da Rúa, do 24 ao 28 de marzo

A xornada do mércores incluirá a mostra fotográfica “Oficios de onte” en homenaxe a profesións tradicionais

 

Un ano máis o Colexio Pablo VI pon en marcha a súa Semana de Orientación Académico-Profesional, unha iniciativa dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato para axudarlles a definir o seu futuro académico e profesional que se celebrará do 24 ao 28 de marzo.

Durante cinco días, os estudantes terán acceso a un completo programa de actividades que inclúe charlas, talleres, exposicións e encontros con profesionais de distintos sectores. A inauguración, o luns, contará coa presenza de Judith Fernández Novoa, directora xeral de Orientación e Innovación Educativa, que falará da importancia da formación e a toma de decisións nesta etapa clave.

 

Participantes no Foro de Experiencias Profesionales.

 

Entre os eventos, destacan o Foro de Experiencias Profesionais, onde diversos expertos, moitos veciños da Rúa, compartirán a súa traxectoria; e a charla “FP vs Universidade”, que orientará aos alumnos sobre as distintas opcións educativas tras a etapa escolar. Ademais, realizaranse talleres prácticos de robótica, autovaloración de intereses e habilidades, e terapias manuais, brindando unha visión máis próxima de diversas profesións.

A xornada do mércores incluirá a mostra fotográfica “Oficios de onte”, unha homenaxe a profesións tradicionais que desapareceron co tempo; así como un Circuíto Profesional, que permitirá aos alumnos coñecer de primeira man diferentes ámbitos laborais. Tamén haberá espazo para o mundo da moda co taller “A arte de ser modelo: máis aló da pasarela” e un desfile especial.

 

Parte da exposición sobre “Oficios de onte”.

 

O xoves centrarase na orientación sanitaria e científica, con charlas impartidas por expertos en investigación e estudos científicos; mentres que o venres celebrarase a clausura do programa o coa entrega de diplomas e un relatorio especial a cargo do biólogo e divulgador Felipe Morais.

Desde o Colexio Pablo VI, destacan a importancia deste tipo de iniciativas para preparar aos alumnos ante a toma de decisións sobre o seu futuro. “Queremos ofrecerlles todas as ferramentas necesarias para que poidan elixir o seu camiño con seguridade e motivación”, aseguran, destacando que con esta semana de Orientación, o centro r”eafirma o seu compromiso coa educación integral dos seus alumnos, facilitando experiencias enriquecedoras que lles axuden a construír o seu futuro con coñecemento e confianza”.

 

Detalles da exposición.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button