ConcellosO BarcoÚltima hora

Desactivada a prealerta por desbordamento no Sil ao seu paso polo Barco

O curso do río segue alto pero sitúase nun nivel "normal" en canto a risco de inundación

Imaxe desta mañá do Sil no Barco./ Foto: A.R.

 

Despois dunha considerable suba no seu caudal en cuestión de 24 horas, que mesmo supuxo a activación do nivel de prealerta por inundación, o río Sil ao seu paso polo Barco está baixando e sitúase en niveis considerados normais, segundo os datos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ás 12h. deste sábado 12 de decembro.

 

Situación dos ríos do sistema Sil inferior e Cabe ás 12h. deste 12 de decembro./ Fonte: Confederación Hidrográfica do MIño-Sil (CHMS).

 

Os niveis máis altos do caudal alcanzábanse entre as 21h. e as 22h. Así ás 22h. a auga do Sil chegaba aos 3,66 m nun dos seus puntos, nos que dende as 18h. estaba activado o nivel de prealerta. Aínda así, estaba lonxe do umbral de alerta. Hoxe, 12 de decembro, o rexistro amosa que descendía ata os 2,20 m ás 12h.

 

Datos do caudal do Sil nun dos puntos ao seu paso polo Barco./ Fonte: CHMS.

 

No outro punto controlado pola confederación, o nivel do río ao seu paso polo Barco chegaba a situarse nos 8,71 m ás 21h., baixando ás 12h. deste sábado ata os 7,02 m.

 

Datos doutro dos puntos nos que se controla o nivel do río no Barco./ Fonte: CHMS.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button